
Que é Fadas de Mel?
Fadas de Mel é un emprendemento que xurdiu nos montes da comarca do Val de Barcala, onde o noso esforzo e traballo ininterrompido sumado ao duro labor da polinización e produción de mel das nosas Fadas, ás cales coidamos con esmero e entusiasmo porque apreciámos o froito do seu traballo; un mel con tódalas súas propiedades, 100% natural e extraído de forma totalmente artesá.
Mimiya Ambroggio
Mimiya é Veterinaria, posúe un máster en Xestión de Calidade, Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais.Os seus estudos universitarios xunto coa súa continua formación no sector apícola, aportan á empresa un continuo fluxo de ideas innovadoras, mecanismos eficientes de cooperación e un incesable desexo de mellora.
Fadas de Mel deu os seus primeiros pasos da súa man, quen se atreveu a crer neste emprendemento e nas persoas que o compoñen, achegándonos o seu incansable afán de mellora e o seu eterno espírito emprendedor.
Manuel Gómez
Leva máis de 20 anos no mundo da apicultura, primeiro como afeccionado e máis tarde buscando comprender o comportamento das abellas na natureza, das cales xamais deixa de aprender.
A experiencia dícelle que hai que ser meticuloso e esixente para que os productos das nosas abellas teñan a garantía que se merecen.
Por máis libros técnicos lidos e cursos de formación, segundo Manuel: “A perfección é propiedade das abellas”.
Victoria Ambroggio
Victoria é Graduada en Administración e Dirección de Empresa. Foi a encargada de redactar o noso plan de empresa, crear a páxina web e manter vivas as nosas redes sociais. Represéntanos en cursos e eventos; é a encargada de que o noso mel estea á venda en sitios como Tartitis (Santiago de Compostela), La Canalla (A Coruña) ou na feira de Negreira.
Responsable, esixente, dinámica e con ansias de expandir mercado... así é Victoria.
Equipo de traballo
