top of page

​O mel é un producto ácido con unhas características variables e unha composición complexa e diversa que depende de distintos factores como a procedencia xeográfica, o precedemento da esmelga e principalmente das plantas que produciron o néctar e outra sexcrecións vexetais coas que as abellas o producen. Esta variabilidade amósase na súa consistencia (fluída, espesa ou callada), a cor (según a planta da que proceda) e sabor (máisou menos doce, amargo ou picante…)pero tamén na súa composición química e as súas características físicas.
Ademáis dun alto contido en azúcres sinxelos, principalmente glucosa e frutosa, que reflexan o seu alto valor enerxético (ao redor de 300Kcal./100g), o mel contén pequenas cantidades de proteínas e materia graxa, enzimas, aminoácidos, minerais e ácidos orgánicos, o que a diferenza do utros dulcificantes.  


O mel contén minerais e unha pequena proporción de vitaminas. O mineral máisabundante é o potasio, seguido do calcio, fósforo e outros como o magnesio ou oferro. A vitamina máis abundante é a C, pero tamén contén vitaminasdo grupo B (B1, B2, B6), outeiro e trazas de vitaminas como a K. En pequenas cantidades podemos atopar diferentes polifenois, flavonoides, ácidos orgánicos que actúan como antioxidantes celulares.

Entre as propiedades que se lle atribúen destaca promover a rexeneración das mucosas intestinais, e actuar como axente antiinflamatorio. Pero ademáis atribúenselle outras virtudes: antimicrobiana, antioxidante e calmante.

O mel

Algunhas das súas propiedades mediciñais

O mel deixou de ser un simple alimento, para formar parte das medicinas tradicionais e investigase seus  beneficios na medicina moderna.

Pódese empregar de diferentes maneiras, coma edulcorante, pois contén unha gran porcentaxe de frutosa e glicosa.

É unha fonte de enerxía grande,posúe unhas 64 calorías por cullerada aproximadamente, os hidratos de carbono tranfórmanse en glicosa doadamente.

Pódese dicir que axuda a perder peso, ten máis calorías có azucre pero si se consome con auga morna axuda á dixestión das graxas almacenadas no corpo. O mesmo resultado conséguese si se mestura con canela o con zume de limón.

Mellora o rendemento atlético, posto que facilita o mantemento de nivéis de azucre no sangue, a recuperación e a restauración do glicóxeno muscular despois de realizar actividade física.

O mel pode axudar a curar feridas, posúe propiedades antimicrobianas, estimula os tecidos daferida, en feridas latentes colabora na iniciación da cicatrización e promove a curación de feridas húmidas.

  • Google+ - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page